Mostrando entradas con la etiqueta Literatura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Literatura. Mostrar todas las entradas

miércoles, 28 de enero de 2015

Cousas da vida!. Despois dun silencio tan longo volvo ao blog para falar das causas da decadencia da nosa literatura durante os Séculos Escuros. Preme aquí para ver un traballo moi interesante. Probabelmente aches claves que che farán posíbel entender a situación actual.

sábado, 12 de octubre de 2013

Escolma de textos medievais

Ampliamos coñecementos e gozamos coa lectura destes textos. Ogallá vos axuden a descubrir a beleza e grandeza da literatura.

martes, 26 de marzo de 2013

Vídeo de diálogo con Rosalía de Castro

Tal e como vos contei e vos prometín, Aquí as tedes. Non perdades este diálogo con Rosalía. Desde ela existimos moitas e sen ELA eu non sería. Bañádevos nela e seredes. Sen ELA non hai Galiza.

jueves, 17 de enero de 2013

Escoitamos ao propio Álvaro Cunqueiro:


Castelao e os seu pensamento solidario coa humanidade

Galego, humanista,  debuxante, universal = Afonso daniel rodríguez Castelao



Tal e como liamos na aula. Para que non o esquezades e o fagades chegar aos que falan de "liberdade", 

7 de xaneiro de 1950: Morre Castelao
Rematada a Guerra Civil, viñeron anos de escuridade, tristura, medo, represión, falta de liberdade e, como non, de censura por todas partes.
Diante da morte de Castelao, o 7 de xaneiro de 1950, a censuraespañola fixo que os xornais españois recibisen a seguinte consigna:

(Esta consigna foi enviada pola Dirección General de Prensa ós xornais españois, o día 8 de xaneiro de 1950, producido o pasamento de Castelao):

"Habiendo fallecido en Buenos Aires el político republicano y separatista gallego Alfonso Rodríguez Castelao se advierte lo siguiente:

La noticia de su muerte se dará en páginas interiores y a una columna.

Caso de insertar fotografía, esta no deberá ser de ningún acto políltico.

Se elogiarán únicamente del fallecido sus características de humorista, literato y caricaturista.

Se podrá destacar su personalidad política, siempre y cuando se mencione que aquella fue errada y que se espera de la misericordia de Dios el perdón de sus pecados.

De su actividad literaria y artística no se hará mención alguna del libro 'Sempre en Galiza' ni de los álbumes de dibujos de la guerra civil.

Cualquier omisión de estas instrucciones dará lugar al correspondiente expediente.".

Na actualidade, os sucesores dos que ordenaron o anterior, entregan cada ano as Medallas de Galicia co nome de Castelao.

Sobran as palabras. Sen dúbida algunha, canto máis se coñece sobre a vida e obra de Castelao, máis se lle admira, respecta e quere.


martes, 23 de octubre de 2012

Comparto con vós un traballo dun profe que me encanta como traballa. É un resumo do 1º terzo do S. XX. A ver se vos axuda a ir ubicando este período e a ir vendo outras formas de presentar a información.

Vídeo feito por alumnos e alumnas de 4º da ESO: A velliña vella de Vicente Risco

jueves, 2 de febrero de 2012

Quero dar as grazas pola súa gratuidade a todos/as os/as compañeiros/as que comparten os seus traballos e nos permiten usar nas nosas aulas e co noso alumnado o seu traballo. Traballos sobre a literatura galega de posguerra: A poesía de posguerra de Román Landín:

martes, 31 de enero de 2012


Este celebramos cen anos do nacemento do de Celanova. Idévos mergullando na súa obra.
Páxina sobre Celso Emilio Ferreiro
Tal e como vos prometín. O agasallo do día:
EU EN TI
Eu xa te busquéi
cando o mundo era unha pedra intaita.
Cando as cousas buscaban os seus nomes,
eu xa te buscaba.
Eu xa te procuréi
no comezo dos mares e das chairas.
Cando Dios procuraba compañía.
Eu xa te chaméi
cando soio a voz do vento soaba.
Cando o silenzo chamaba polas verbas,
eu xa te chamaba.
Eu xa te namoréi
cando o amor era unha folla branca.
Cando a lúa namoraba as outras cumes,
eu xa te namoraba.
Sempre,
dende a neve dos tempos,
eu, na túa ialma.
Para ir facendo boca comezamos con Rosalía na cabeceira e con Saramago.