¡Que a man tembrorosa no papel só escriba palabras, e palabra, e palabras! Da idea a forma inmaculada e pura ¿dónde quedou velada? Rosalía de Castro
martes, 31 de enero de 2012
Este celebramos cen anos do nacemento do de Celanova. Idévos mergullando na súa obra.
Páxina sobre Celso Emilio Ferreiro
Tal e como vos prometín. O agasallo do día:
EU EN TI
Eu xa te busquéi
cando o mundo era unha pedra intaita.
Cando as cousas buscaban os seus nomes,
eu xa te buscaba.
Eu xa te procuréi
no comezo dos mares e das chairas.
Cando Dios procuraba compañía.
Eu xa te chaméi
cando soio a voz do vento soaba.
Cando o silenzo chamaba polas verbas,
eu xa te chamaba.
Eu xa te namoréi
cando o amor era unha folla branca.
Cando a lúa namoraba as outras cumes,
eu xa te namoraba.
Sempre,
dende a neve dos tempos,
eu, na túa ialma.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario