martes, 26 de marzo de 2013

Vídeo de diálogo con Rosalía de Castro

Tal e como vos contei e vos prometín, Aquí as tedes. Non perdades este diálogo con Rosalía. Desde ela existimos moitas e sen ELA eu non sería. Bañádevos nela e seredes. Sen ELA non hai Galiza.

jueves, 17 de enero de 2013

Escoitamos ao propio Álvaro Cunqueiro:


Castelao e os seu pensamento solidario coa humanidade

Galego, humanista,  debuxante, universal = Afonso daniel rodríguez Castelao


Castelao no exilio

Castelao fala de Os vellos non deben de namorarse

Aquí tendes unha testemuña sociolingüística sobre o que supuña falar galego, que se impuña na vida, na escola.

Un vídeo cos debuxos de Luis Seoane de 1937. A música é dos Diplomáticos de Monte Alto.

As trece rosas

Trece rosas, trece mulleres que non cederon aos seus ideais, que morreron pola liberdade.

A Guerra Civil na Galiza

Este non ten escusa:

Vídeo Guerra Civil Española

Sei que é un pouco longo mais merece a pena

Escoitade, vivide, ao menos probade!

Microrelatos

Para que vexades exemplos feitos por alumn@s de 2º ESO. A ver qué facemos nós?

Tal e como liamos na aula. Para que non o esquezades e o fagades chegar aos que falan de "liberdade", 

7 de xaneiro de 1950: Morre Castelao
Rematada a Guerra Civil, viñeron anos de escuridade, tristura, medo, represión, falta de liberdade e, como non, de censura por todas partes.
Diante da morte de Castelao, o 7 de xaneiro de 1950, a censuraespañola fixo que os xornais españois recibisen a seguinte consigna:

(Esta consigna foi enviada pola Dirección General de Prensa ós xornais españois, o día 8 de xaneiro de 1950, producido o pasamento de Castelao):

"Habiendo fallecido en Buenos Aires el político republicano y separatista gallego Alfonso Rodríguez Castelao se advierte lo siguiente:

La noticia de su muerte se dará en páginas interiores y a una columna.

Caso de insertar fotografía, esta no deberá ser de ningún acto políltico.

Se elogiarán únicamente del fallecido sus características de humorista, literato y caricaturista.

Se podrá destacar su personalidad política, siempre y cuando se mencione que aquella fue errada y que se espera de la misericordia de Dios el perdón de sus pecados.

De su actividad literaria y artística no se hará mención alguna del libro 'Sempre en Galiza' ni de los álbumes de dibujos de la guerra civil.

Cualquier omisión de estas instrucciones dará lugar al correspondiente expediente.".

Na actualidade, os sucesores dos que ordenaron o anterior, entregan cada ano as Medallas de Galicia co nome de Castelao.

Sobran as palabras. Sen dúbida algunha, canto máis se coñece sobre a vida e obra de Castelao, máis se lle admira, respecta e quere.


Nace unha nova rede social en galego. Está nas nosas mans que non perdamos a nosa identidade, a nosa historia. Chámase vituin. Preme no enlace e infórmate.
Ben, máis agasallos. Esta vez e´o pronome persoal: teoría e exercicios.